viernes, 27 de noviembre de 2020

5º PRIMARIA. ACTIVIDADES DE NADAL


O vindeiro domingo 29 de novembro comeza o a ADVENTO. Sabedes por que?

A explicación e moi sinxela. Se observades un calendario poderedes ver que o día de Nadal, é dicir o 25 de decembro este ano celébrase un venres. Para saber cando comeza o advento só tedes que descontar os catro domingos anteriores ao día de Nadal. Así este ano o primeiro domindo de Advento será o 29 de novembro e os seguintes serán o 6, o 13 e o 20 de decembro. 

Así que comezamos as actividades de Nadal con este calendario de advento que podedes colorear. 

Preme na imaxe para descargalo:



Tamén falaremos sobre o verdadeiro significado do Nadal neste capítulo do Superlibro.










miércoles, 11 de noviembre de 2020

4º DE PRIMARIA. DE CINE... CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE.



Ficha técnica
Dirección: Tim Burton
Duración: 115 min.
Basada en: Charlie e a fábrica de Chocolate de Roald Dahl
Dirixida por Tim Burton é unha deliciosa fábula sobre os pecados capitais na súa versión infantil. Conta a historia de Charlie Bucket, un neno pobre que vive xuntoa aos seus pais e avós nunha casa ruinosa. Wilky Woka, o dono da fábrica de chocolate decide escolle a cinco nenos para visitar a súa fábrica e Charlie resulta ser un deles.