Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta relixión. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de noviembre de 2020

5º PRIMARIA. ACTIVIDADES DE NADAL


O vindeiro domingo 29 de novembro comeza o a ADVENTO. Sabedes por que?

A explicación e moi sinxela. Se observades un calendario poderedes ver que o día de Nadal, é dicir o 25 de decembro este ano celébrase un venres. Para saber cando comeza o advento só tedes que descontar os catro domingos anteriores ao día de Nadal. Así este ano o primeiro domindo de Advento será o 29 de novembro e os seguintes serán o 6, o 13 e o 20 de decembro. 

Así que comezamos as actividades de Nadal con este calendario de advento que podedes colorear. 

Preme na imaxe para descargalo:



Tamén falaremos sobre o verdadeiro significado do Nadal neste capítulo do Superlibro.










miércoles, 11 de noviembre de 2020

4º DE PRIMARIA. DE CINE... CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE.



Ficha técnica
Dirección: Tim Burton
Duración: 115 min.
Basada en: Charlie e a fábrica de Chocolate de Roald Dahl
Dirixida por Tim Burton é unha deliciosa fábula sobre os pecados capitais na súa versión infantil. Conta a historia de Charlie Bucket, un neno pobre que vive xuntoa aos seus pais e avós nunha casa ruinosa. Wilky Woka, o dono da fábrica de chocolate decide escolle a cinco nenos para visitar a súa fábrica e Charlie resulta ser un deles. 

domingo, 14 de junio de 2020

RETO FINAL RESOLTO

Ola de novo!!
Grazas por acompañarme nesta viaxe. Como podedes ver estaba no Muro das Lamentacións en Xerusalén, un lugar. Este é o lugar sagrado por excelencia para os xudeus vestixio do segundo Templo en Xerusalén. 
Chámase muro das lamentación pola costume do pobo xudeu de "lamentarse" pola destrución do Templo.
Nas visitas ao muro é tradición deixar un pequeño papel entre as súas pedras cunha oración, unha plegaria ou un desexo.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!
CURTIS
XABI (6º)
MARTÍN SÁNCHEZ (3º)
RAÚL (4º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
NEREA (6º)
MARTA (6º)
NOA (4º)
PAULA (5º)
JUAN (4º)
LUCÍA (5º)
NOÉ (4º)
ANTÍA (5º)
IRIA (1º)
DIEGO (6º)
SAMUEL (5º)
RUBÉN (3º)
LORENA (6º)
ASIER (3º)

TEIXEIRO
IRENE (1º)
EMMA (1º)
AHINOA (1º)

Ao longo da semana recibiredes un pequeño agasallo no correo.
Gracias pola vosa participación. Un bico enorme a todos.
Isabel



Olvideime de alguén?
Recórdamo escribindo a m.isasouto@gmail.com

domingo, 31 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 10. RETO FINAL


Ola de novo!
Sinto o retraso, pero a miña conexión dende onte pola tarde non ía nada rápido. Tal que así: 
🐌...🐌...🐌
Esta viaxe xa remata esta semana a aquí tedes o reto final!!!!
Como é o último teredes ata o DOMINGO para resolvelo. Estarei moi pendiente do correo, así se non acertades á primeira podedes volver a inténtalo ata o domingo. 
Animádevos a particiar enviando un correo a m.isasouto@gmail.com

MOITA SORTE A TODOS!

ACTIVIDADES DE 6º DE PRIMARIA. 9


Ola a tod@s!
Moito ánimo a todos nesta recta final!
Esta semana rematamos coas tarefas avaliables polo que teredes que rematar o portafolio de traballos do alumno para envíalo ao meu correo esta semana.
Lembrade que o portafolio era unha carpeta (virtual ou física) na que ir gardando todos os traballos deste trimestre que agora deberedes facerme chegar.


Coma sempre podedes envíar as tarefas ao correo m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 5º DE PRIMARIA. 9



Ola a tod@s!
Moito ánimo a todos nesta recta final!
Esta semana rematamos coas tarefas avaliables polo que teredes que rematar o portafolio de traballos do alumno para envialo ao meu correo esta semana.
Lembrade que o portafolio era unha carpeta (virtual ou física) na que ir gardando todos os traballos deste trimestre que agora deberedes facerme chegar.


Coma sempre podedes enviar as tarefas ao correo m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 4º DE PRIMARIA. 9

Ola a tod@s!
Moito ánimo que xa queda pouco!. Lembrades este cadro que xa traballamos a semana pasada?. Este cadro de Fra Angelico, recentemente restaurado pódese ver en todo o seu explendor no Museo do Prado. Se  tedes oportunidade merece a pena contemplalo. 
Esta semana, seredes quen de facer o crebacabezas?
Cando o teñades rematado pulsade Ctrl+Alt+ImpPt e así faredes una foto da pantalla e enviádemo
ao correo m.isasouto@gmail.com.
Espero que o pasedes ben facéndoo.

ACTIVIDADES DE 3º DE PRIMARIA. 9

Ola detectives! 
Esta semana tedes que resolver a personaxe bíblica. Lembra as tres pistas. Xa sabes quen é?. Completa a cuarta misión e lembra que é un traballo TOP SECRET.
Comeza a túa investigación xa!


Non resolviches alguna das misión anteriores?
Podes acceder dende aquí:


Coma sempre podes enviar as tarefas a m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 2º DE PRIMARIA. 9


Ola a tod@s!
Moito ánimo porque xa estamos a rematar o curso. Xa falta moi pouco!
Esta será a última semana que enviarei tarefas avaliables, polo que as vindeiras semanas serán voluntarias. 
As actividades que propoño correspóndense coas páxinas 77-79 e 81 do libro de texto polo que se xa o tedes na casa non é necesario imprimir o arquivo.


Se queres enviar as tarefas escríbeme un correo a m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 1º DE PRIMARIA. 9



Ola a tod@s!
Moito ánimo porque xa estamos a rematar o curso. Xa falta moi pouco!
 Esta será a última semana que enviarei tarefas avaliables, polo que as vindeiras semanas as actividades serán voluntarias e xa non serán avaliables.

As actividades que propoño esta semana correspóndense coas páxinas 76 e 77 do libro de texto polo que se xa o tedes na casa non é necesario imprimir os arquivos.


Queres enviarme as tarefas?
Escribe un correo a m.isasouto@gmail.com

RETO RESOLTO 9


Ola de novo!
Esta semana estaba  en Cafarnaúm, un pequeno pobo pesqueiro situado a orillas do lago Tiberíades, elexida por Xesús para transmitir a súa mensaxe e na que vivía Pedro, Andrés, Santiago e Xoan.
Nas excavacións arqueolóxicas atopáronse unha igrexa bizantina de planta octogonal construída sobre a que se supón foi a casa de Pedro e unha sinagoga. 

PARABÉNS AOS ACERTANTES!
CURTIS
NOA (4º)
CELIA (1º)
ASIER (1º)
MARTA (6º)
LUCÍA (5º)
NEREA (6º)
RAÚL (4º)
XABI (6º)
MARTÍN SÁNCHEZ (3º)
PAULA (5º)
IKER (3º)
ANTÍA (5º)

TEIXEIRO
IRENE (1º)
MARTÍN PÉREZ (1º)


Os acertantes recibiredes nos vosos correos un pequeno agasallo ...
A semana que ven publicarei o reto final. Non esquezas participar!

domingo, 24 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 9


Ola a tod@s!
Xa casi estou rematando a miña viaxe e como esta semana apretarán as temperaturas fun hacia o norte, pero ...sabedes onde estou?
Tedes ata o xoves 28 para resolver o reto, darei a solución o venres e os acertantes teredes un pequeno agasallo. Animádevos a participar!
Se sabes a resposta envía un correo a m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 6º DE PRIMARIA 8

Ola de novo!
Xa queda pouco. Moito ánimo nesta recta final do curso!
Esta semana traballaremos como as primeiras comunidades cristiás continuaron coa misión de Xesús.


Queres enviarme as tarefas?
Escríbeme a m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 5º DE PRIMARIA. 8

Ola de novo!
Xa queda pouco. Moito ánimo nesta recta final do curso!
Espero que vos gustase a película que traballamos as semanas anteriores.
Para esta semana propoño unha ficha que podedes descargar abaixo e un crebacabezas sobre o cadro "Entrega das chaves  a San Pedro" de Pietro Perugino que está na Capela Sixtina. Serás quen de completalo?


Queres enviarme as tarefas?
Escríbeme un correo a m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 4º DE PRIMARIA. 8



Ola de novo!
Xa falta pouco para rematar este curso. Moito ánimo! Para esta semana propoño un pequeño video sobre a Anunciación que podedes ver arriba e premendo abaixo podedes descargar ás actividades para esta semana: 

ACTIVIDADES DE 3º DE PRIMARIA. 8


Ola de novo detectives!
LE CON ATENCIÓN: Esta é unha nova misión TOP SECRET para averiguar a personaxe bíblica.
Esta mensaxe autodestruirase en 30 segundos. Comeza a túa investigación xa!


Perdícheste algunha das misión anteriores?
Podes acceder dende aquí:


Queres enviarme as tarefas ou tes algunha dúbida?
Escríbeme un correo a m.isasouto@gmail.com