Mostrando entradas con la etiqueta reto semanal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reto semanal. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de junio de 2020

RETO FINAL RESOLTO

Ola de novo!!
Grazas por acompañarme nesta viaxe. Como podedes ver estaba no Muro das Lamentacións en Xerusalén, un lugar. Este é o lugar sagrado por excelencia para os xudeus vestixio do segundo Templo en Xerusalén. 
Chámase muro das lamentación pola costume do pobo xudeu de "lamentarse" pola destrución do Templo.
Nas visitas ao muro é tradición deixar un pequeño papel entre as súas pedras cunha oración, unha plegaria ou un desexo.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!
CURTIS
XABI (6º)
MARTÍN SÁNCHEZ (3º)
RAÚL (4º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
NEREA (6º)
MARTA (6º)
NOA (4º)
PAULA (5º)
JUAN (4º)
LUCÍA (5º)
NOÉ (4º)
ANTÍA (5º)
IRIA (1º)
DIEGO (6º)
SAMUEL (5º)
RUBÉN (3º)
LORENA (6º)
ASIER (3º)

TEIXEIRO
IRENE (1º)
EMMA (1º)
AHINOA (1º)

Ao longo da semana recibiredes un pequeño agasallo no correo.
Gracias pola vosa participación. Un bico enorme a todos.
Isabel



Olvideime de alguén?
Recórdamo escribindo a m.isasouto@gmail.com

domingo, 31 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 10. RETO FINAL


Ola de novo!
Sinto o retraso, pero a miña conexión dende onte pola tarde non ía nada rápido. Tal que así: 
🐌...🐌...🐌
Esta viaxe xa remata esta semana a aquí tedes o reto final!!!!
Como é o último teredes ata o DOMINGO para resolvelo. Estarei moi pendiente do correo, así se non acertades á primeira podedes volver a inténtalo ata o domingo. 
Animádevos a particiar enviando un correo a m.isasouto@gmail.com

MOITA SORTE A TODOS!

domingo, 24 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 9


Ola a tod@s!
Xa casi estou rematando a miña viaxe e como esta semana apretarán as temperaturas fun hacia o norte, pero ...sabedes onde estou?
Tedes ata o xoves 28 para resolver o reto, darei a solución o venres e os acertantes teredes un pequeno agasallo. Animádevos a participar!
Se sabes a resposta envía un correo a m.isasouto@gmail.com

viernes, 22 de mayo de 2020

RETO RESOLTO 8


Ola a tod@s!
Esta semana viaxei a Belén, ... unha pequena cidade, que agora está en territorio palestino, a 9 km ao sur de Xerusalén. Esta cidade está cargada de simbolismo xa que é o lugar onde naceu Xesús. Alí podemos visitar a Basílica da Natividade, que acolle a Gruta da Natividade, lugar no que se atoparía o Portal de Belén, é decir, o lugar no que tivo lugar o nacemento de Xesús.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!
CURTIS
ANTÍA (5º)
HUGO (6º)
ÓSCAR (4º)
IKER (3º)
PAULA (5º)
NEREA (6º)
FERRÁN (2º)
BRUNO CAMIÑOS (2º)
MARTA (6º)
NOA (1º)
RAÚL (4º)
CELIA (4º)
LUCÍA (5º)
DARÍO (5º)
MARTÍN (3º)
XABI (6º)
RUBÉN (3º)
LORENA (6º)
LUCAS (3º)

TEIXEIRO
MARTÍN PÉREZ (1º)
IRENE (1º)


Os acertantes recibiredes nos vosos correos un pequeno agasallo...
Xa falta pouco para rematar esta viaxe ...
a semana que ven voltarei cun novo reto. PARTICIPA!

domingo, 10 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 7


Ola de novo!
Non paro de viaxar! Onde estarei esta semana? … Como xa sabedes podedes mandar as vosas respostas ata o xoves 14, resolvereino  o venres 15.
Por certo, sinto ter tardado máis da conta en resolver o reto anterior. Foi por problemas técnicos.
Os acertantes tamén recibiredes un agasallo nos vosos correos.

MOITA SORTE!


RETO RESOLTO 6



Ola a tod@s! Sinto a tardanza ... as tormentas por aquí son impredecibles!
RETO SUPERADO!
Estou no monte dos Olivos, no val do Kidrón, ao leste de Xerusalén. é considerado un dos lugares máis sagrados de Terra Santa que Xesús frecuentaba para orar e no que se atopaba cando foi arrestado. Dentro desta colina atópase o Xadín de Getsemaní, que ao coidado dunha comunidade franciscana tenta conservar o aspecto que podería ter na época dos Evanxeos.
As dúas repostas son correctas.

Esta semana aplicástesvos moito!!

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!
En breve recibiredes un pequeño agasallo no correo. 
A semana que ven agárdavos
un novo reto.

CURTIS

ANTÍA (5º)
HUGO (5º)
MARTÍN SÁNCHEZ (3º)
XABI (6º)
IRIA (1º)
DIEGO (6º)
IKER (3º)
JUAN (4º)
MARTÍN COSTA (3º)
LUCÍA (5º)
PAULA (4º)
DANIELA (1º)
LUCAS (5º)
NOÉ (4º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
NEREA (6º)
MARTA (6º)
RAÚL (4º)
PAULA (5º)

TEIXEIRO

ANTÍA (6º)
MARTÍN PÉREZ (1º)
IRENE (1º)
EMMA (1º)
AHINOA (1º)






domingo, 3 de mayo de 2020

RETO SEMANAL 6


Ola a tod@s!
Sigo de viaxe e busquei unha sombriña … estou … (ah!, casi o digo). Sabedes onde estou esta vez?. Tedes ata o xoves  7 para enviar as vosas respostas ao correo m.isasouto@gmail.com (por favor poñede no asunto RETO SEMANAL 6). Resolvereino o venres 8. 
Os acertantes desta semana tamén recibiredes un pequeño agasallo nos vosos correos.

MOITA SORTE!

viernes, 1 de mayo de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 5



Saúdos!
RETO RESOLTO!! Esta semana estiven de viaxe polo Mar de Galilea! 
O Mar de Galilea, tamén coñecido como Lago Tiberíades ou Lago Kineret (en hebreo),
en realidade non é un mar como moitos de vos xa sabedes. 
É un lago de auga doce que se atopa a 200 metros baixo o nivel do mar alimentado por manantiais subterráneos e polo río Xordán que sin dúbida é o sitio máis coñecido e representativo da verde e montañosa rexión de Galilea no norte de Israel.


Este enorme lago é moi especial para os cristiáns. Alí, tal e como narran os evanxeos  eran pescadores os seus primeiros discípulos. O Mar de Galilea tamén foi escenario de algúns milagres (cando  Xesús camiñou sobre as súas augas ou multiplicou os pans e os peces) e aquí apareceuse aos seus discípulos en Pascua.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!

PEDRO (4º)
AROA (1º)
DIEGO (6º)
IRIA GARCÍA (1º)
LORENA (6º)
RUBÉN (3º)
ANTÍA (5º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
RAÚL (4º)
NOÉ (4º)
LUCÍA (5º)
MARTA (6º)
HUGO (6º)
LUCAS (5º)
XABI (6º)
MARTÍN (3º)
DARÍO (5º) 


Os acertantes desta semana recibiredes no correo un pequeño agasallo.
Espero que vos guste.
OS QUE RESPONDERON NOS COMENTARIOS ESCRIBÍDEME  UN CORREO PARA RECIBIR O AGASALLO

ATA A SEMANA QUE VEN CUN NOVO RETO SEMANAL!




domingo, 26 de abril de 2020

RETO SEMANAL 5


Ola a tod@s!
Esta semana comezamos cun novo reto. Como vedes non paro de viaxar ...Sabedes onde estou esta vez?
Tedes ata o xoves 30 para resolvelo.
Os acertantes desta semana tamén recibiredes un pequeno agasallo nos vosos correos … MOI MUSICAL ...
Moita sorte!
     

viernes, 24 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 4




Ola de novo! RETO SUPERADO!!! 
Esta semana estiven no río Xordán que como xa sabedes atravesa a terra da Biblia. Polo tanto é un río cun significado especial tanto para xudeos  como para cristiáns (nel Xesús foi bautizado por Xoan Bautista).
A palabra "Xordán" provén da palabra hebrea "Yarden" que significa descendente, o que resulta un nome moi apropiado porque o río transcorre ao longo de 360 Km dende as alturas do Monte Hermón ata o Mar Morto atravesando un amplo e árido val que estivo adicado durante milenios á explotación agrícola.
Ademais, coma otros ríos, o Xordán solía ser un límite político entre Israel e as nacións veciñas, tamén na actualidade. Dende 1948 marca a froteira entre Israel e a veciña Xordania.
Debido á desviación de auga do río por parte de Israel e Xordania diminuíu significativamente o seu fluxo de auga ata o Mar Morto e este é un factor importante na caída no nivel do mar dende a década de 1960.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!

AROA (1º)
ANTÍA (5º)
RAÚL (4º)
DIEGO (6º)
MARTA (6º)
LUCAS (5º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
LORENA (6º)
LUCÍA (5º)
XABI (6º)
PAULA (5º)
Esta semana temos a primeira participande do C.E.I.P. de Teixeiro:

IRENE (1º)

Tedes nos vosos correos un pequeno agasallo imprimible. Espero que vos guste.

ATA A SEMANA QUE VEN CUN NOVO RETO SEMANAL!



lunes, 20 de abril de 2020

RETO SEMANAL 4


Ola a tod@s! Unha semana máis agárdavos un reto para resolver. A semana pasada pasei moita calor … sabedes onde estou agora?
 As repostas, ao correo m.isasouto@gmail.com ata o xoves 23 de abril. Resolvereino o venres 24. Os acertantes recibirán un agasallo no seu correo.
Moita sorte!



viernes, 17 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 3



Ola a todos e todas! Grazas pola vosa participación neste reto. PROBA SUPERADA!! 
Esta vez atopábame no deserto de Xudea. 
Este deserto atópase ao sureste de Xerusalén  e limita cos Montes de Xudá ao oeste e o  Mar Morto ao  tal e como podedes ver no mapa. 


Considérase un deserto relativamente pequeño xa que abarca so uns 1.000 km² no que non atoparemos dunas ondulantes como cabería esperar, senón que é un deserto árido e pedregoso. Ademais, está atravesado por varios ríos que ao longo do tempo foron excavando gorxas de ata 500 m de profundidade.

É, por suposto, un deserto bíblico onde se refuxiou David cando fuxía de Saúl, onde Xesús superou as tentacións durante 40 días ou onde transcorre a parábola do bo samaritano.

Hai algunas décadas descubríronse os Rolos do Mar Morto agochados nalgunhas covas de Qumrán e que permitiron ampliar os coñecementos sobre a Biblia.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!

LUCAS (5º)
HUGO (6º)
MARTA (6º)
JUAN (4º)
DIEGO (6º)
IRIA (1º)
ANTÍA (5º)
RAÚL (4º)
e LUCÍA (5º) 




lunes, 13 de abril de 2020

RETO SEMANAL 3



Ola  de novo! Regresamos da Semana Santa cun novo reto. Sabedes onde estou esta vez?.
 Podedes participar neste reto enviando as vosas respostas ao correo m.isasouto@gmail.com ata o xoves 16 de abril.
Resolverei este reto o vindeiro venres 17.
Moita sorte a todos.




viernes, 3 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 2


Pois sí, estou a remollo no MAR MORTO, que en realidade é un lago que se atopa entre as fronteiras de Xordania, Israel e Cisxordania. É considerado o punto máis baixo do planeta, a máis de 400 metros por debaixo do nivel do mar. 
Outra das súas cualidades é que ten una concentración de sal seis veces superior á dos océanos (uns 340 gramos por litro) o que permite que os corpos poidan flotar con facilidade nel (como podedes ver na imaxe).
De feito, o seu nome está relacionado con esta cualidade. Recibe este nome porque debido a estos índices tan elevados de sales minerais os únicos seres vivos capaces de vivir nel son algunas bacterias, algas unicelulares e protozoos.
Por último decir que pese á súa extensión os investigadores alertan sobre a súa posible desaparición en apenas catro décadas xa que o seu nivel descende considerablemente cada ano.

Parabéns aos acertantes!

DIEGO (6º)
LUCÍA (5º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
PAULA (5º)
MARTA (6º)
XABI (6º)
LUCAS (5º)
ANTÍA (5º)
MARTÍN (2º)


lunes, 30 de marzo de 2020

RETO SEMANAL 2

Sabedes onde estou?
Podedes enviar as vosas respostas ata o xoves 2 de abril ao correo m.isasouto@gmail.com 
Resolvereino o venres 3 de abril.



miércoles, 25 de marzo de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL. 1


Gracias aos participantes do reto semanal. A imaxe é unha vista da cidade de Xerusalén. Ao fondo vemos a Cúpula da Rocha (a primeira obra maestra do arte islámico) co seu minarete (torre dende onde se fai a chamada á oración 5 veces ao día).
En primeiro plano o Muro das Lamentacións, un lugar sagrado para os xudíos, xa que é una das poucas partes que quedaron en pé do Templo de Xerusalén cando foi destruido polos romanos. Converteuse nun lugar tradicional de oración.
Noraboa aos acertantes NOÉ, LUCÍA, DIEGO e LUCAS. 



lunes, 23 de marzo de 2020

RETO SEMANAL 1

PISTA 1. É unha cidade bíblica.
PISTA 2. É o primeiro centro de peregrinación para os cristiáns, pero tamén para xudeos e musulmáns.