martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADES 5º DE PRIMARIA. 4


Ola de novo!
Xa podedes descargar en PDF as actividades desta semana. Tamén tedes o enlace ao video que aparece na ficha:

Tes algunha dúbida ou queres enviarme as actividades?
Escríbeme ao correo m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 4º DE PRIMARIA. 4


Ola de novo!
Esta semana continuamos a traballar as parábolas de Xesús. Podedes ver a parábola do "fariseo e o publicano" no video de inicio. Para descargar as actividades preme nos enlaces:


Tes algunha dúbida ou queres enviarme os exercicios?
Escribe a m.isasouto@gmail.com

lunes, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE 3º DE PRIMARIA. 4



Ola a tod@s!
No documento que está abaixo podedes acceder ás actividades propostas para esta semana. Tamén podedes facer o puzle sobre o país de Xesús premendo na imaxe.
Queres enviarme as actividades ou tes alguna dúbida?
Escríbeme a m.isasouto@gmail.com
   PUZLE

ACTIVIDADES DE 2º DE PRIMARIA. 4

Ola de novo!
No documento que está abaixo podedes acceder ás actividades propostas para esta semana que se corresponden coas páxinas 70 e 71 do libro. Ademáis podedes ver este video sobre san Pablo. 


 Pincha no enlace para descar as actividades:

(No caso de ter xa o libro de texto non as teredes que imprimir)

Queres enviarme as actividades ou tes algunha dúbida?
Escribe un correo a m.isasouto@gmail.com

domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA. 4

Hecho con Padlet


Ola de novo!
Gracias por envíar os debuxos da semana pasada. Podédelos ver na barra da dereita no muro. Se non o enviaches e queres compartilo só tedes que premer no botón rosa e subilo.

Nos documentos que tedes abaixo podedes descargar as actividades propostas para esta semana que se corresponden coas páxinas 69-70 e 71 do libro de texto. Se xa dispoñedes del non fai falta descargar o ficheiro.



Se tes algunha dúbida ou queres envíar as actividades escribe a:
m.isasouto@gmail.com

RETO SEMANAL 5


Ola a tod@s!
Esta semana comezamos cun novo reto. Como vedes non paro de viaxar ...Sabedes onde estou esta vez?
Tedes ata o xoves 30 para resolvelo.
Os acertantes desta semana tamén recibiredes un pequeno agasallo nos vosos correos … MOI MUSICAL ...
Moita sorte!
     

sábado, 25 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE 6º DE PRIMARIA. 4




Ola de novo!
Para traballar esta semana propoño o seguinte:
1. Facer a lectura inicial.
2. Visionar un pequeno fragmento da película "EL HOMBRE QUE HACÍA MILAGROS".
O contido do video esta recollido no segundo texto do PDF.
3. Facer o exercicio 1 (que como indica terá que ir recollido no PORTAFOLIO).
4. Ler "A pascua cristiá".

VISIONADO DO SEGUINTE FRAGMENTO: 



Queres enviarme os exercios ou tes algunha dúbida?
Escríbeme a m.isasouto@gmail.com

viernes, 24 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 4




Ola de novo! RETO SUPERADO!!! 
Esta semana estiven no río Xordán que como xa sabedes atravesa a terra da Biblia. Polo tanto é un río cun significado especial tanto para xudeos  como para cristiáns (nel Xesús foi bautizado por Xoan Bautista).
A palabra "Xordán" provén da palabra hebrea "Yarden" que significa descendente, o que resulta un nome moi apropiado porque o río transcorre ao longo de 360 Km dende as alturas do Monte Hermón ata o Mar Morto atravesando un amplo e árido val que estivo adicado durante milenios á explotación agrícola.
Ademais, coma otros ríos, o Xordán solía ser un límite político entre Israel e as nacións veciñas, tamén na actualidade. Dende 1948 marca a froteira entre Israel e a veciña Xordania.
Debido á desviación de auga do río por parte de Israel e Xordania diminuíu significativamente o seu fluxo de auga ata o Mar Morto e este é un factor importante na caída no nivel do mar dende a década de 1960.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!

AROA (1º)
ANTÍA (5º)
RAÚL (4º)
DIEGO (6º)
MARTA (6º)
LUCAS (5º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
LORENA (6º)
LUCÍA (5º)
XABI (6º)
PAULA (5º)
Esta semana temos a primeira participande do C.E.I.P. de Teixeiro:

IRENE (1º)

Tedes nos vosos correos un pequeno agasallo imprimible. Espero que vos guste.

ATA A SEMANA QUE VEN CUN NOVO RETO SEMANAL!



martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE 4º DE PRIMARIA. 3

Ola de novo!
Facede as maletas! Ímos de viaxe!
Como xa sabedes este curso estamos a traballar o proxecto "UN CONTO … UNHA MALETA", e o noso destino é ISRAEL.


Queredes enviarme os exercicios ou tes algunha dúbida?
Escribe un correo a m.isasouto@gmail.com

ACTIVIDADES DE 3º DE PRIMARIA. 3



Ola de novo!
Facede as maletas! Imos de viaxe!
Como xa sabedes este curso estamos a traballar o  proxecto "UN CONTO … UNHA MALETA", e o noso destino é ISRAEL.

Queres enviarme os exercicios ou tes algunha dúbida?
Escribe un correo a m.isasouto@gmail,com

ACTIVIDADES DE 2º DE PRIMARIA. 3

Ola de novo!
Aquí tedes a proposta de traballo para esta semana.
Como tedes a posibilidade de recibir os libros na casa, so tedes que descargar este PDF os que non o teñades.


Se queredes podedes enviar as actividades para correxir a:
m.isasouto@gmail.com


lunes, 20 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE 1º DE PRIMARIA. 3


Ola a todos e todas! 
Nos documentos que están abaixo podedes acceder ás actividades programadas para 1º de primaria para esta semana. Pincha no enlace para descargalas. 



(No caso de ter xa o libro de texto só teredes que imprimir a ficha do debuxo)





Queres enviarme o teu debuxo para que o vexan os teus compañeiros?
Faille unha foto e envíamo a m.isasouto@gmail.com



PORTAFOLIO DO ALUMNO


Ola de novo!
Para traballar este terceiro trimestre propóñovos que recollades todas as actividades e traballos que fagades nun PORTAFOLIO, que podedes facer a man o ben de forma dixital.

COMO FACER UN PORTAFOLIO




RETO SEMANAL 4


Ola a tod@s! Unha semana máis agárdavos un reto para resolver. A semana pasada pasei moita calor … sabedes onde estou agora?
 As repostas, ao correo m.isasouto@gmail.com ata o xoves 23 de abril. Resolvereino o venres 24. Os acertantes recibirán un agasallo no seu correo.
Moita sorte!



viernes, 17 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 3



Ola a todos e todas! Grazas pola vosa participación neste reto. PROBA SUPERADA!! 
Esta vez atopábame no deserto de Xudea. 
Este deserto atópase ao sureste de Xerusalén  e limita cos Montes de Xudá ao oeste e o  Mar Morto ao  tal e como podedes ver no mapa. 


Considérase un deserto relativamente pequeño xa que abarca so uns 1.000 km² no que non atoparemos dunas ondulantes como cabería esperar, senón que é un deserto árido e pedregoso. Ademais, está atravesado por varios ríos que ao longo do tempo foron excavando gorxas de ata 500 m de profundidade.

É, por suposto, un deserto bíblico onde se refuxiou David cando fuxía de Saúl, onde Xesús superou as tentacións durante 40 días ou onde transcorre a parábola do bo samaritano.

Hai algunas décadas descubríronse os Rolos do Mar Morto agochados nalgunhas covas de Qumrán e que permitiron ampliar os coñecementos sobre a Biblia.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!

LUCAS (5º)
HUGO (6º)
MARTA (6º)
JUAN (4º)
DIEGO (6º)
IRIA (1º)
ANTÍA (5º)
RAÚL (4º)
e LUCÍA (5º) 




lunes, 13 de abril de 2020

RETO SEMANAL 3



Ola  de novo! Regresamos da Semana Santa cun novo reto. Sabedes onde estou esta vez?.
 Podedes participar neste reto enviando as vosas respostas ao correo m.isasouto@gmail.com ata o xoves 16 de abril.
Resolverei este reto o vindeiro venres 17.
Moita sorte a todos.




viernes, 3 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 2


Pois sí, estou a remollo no MAR MORTO, que en realidade é un lago que se atopa entre as fronteiras de Xordania, Israel e Cisxordania. É considerado o punto máis baixo do planeta, a máis de 400 metros por debaixo do nivel do mar. 
Outra das súas cualidades é que ten una concentración de sal seis veces superior á dos océanos (uns 340 gramos por litro) o que permite que os corpos poidan flotar con facilidade nel (como podedes ver na imaxe).
De feito, o seu nome está relacionado con esta cualidade. Recibe este nome porque debido a estos índices tan elevados de sales minerais os únicos seres vivos capaces de vivir nel son algunas bacterias, algas unicelulares e protozoos.
Por último decir que pese á súa extensión os investigadores alertan sobre a súa posible desaparición en apenas catro décadas xa que o seu nivel descende considerablemente cada ano.

Parabéns aos acertantes!

DIEGO (6º)
LUCÍA (5º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
PAULA (5º)
MARTA (6º)
XABI (6º)
LUCAS (5º)
ANTÍA (5º)
MARTÍN (2º)