viernes, 24 de abril de 2020

SOLUCIÓN RETO SEMANAL 4




Ola de novo! RETO SUPERADO!!! 
Esta semana estiven no río Xordán que como xa sabedes atravesa a terra da Biblia. Polo tanto é un río cun significado especial tanto para xudeos  como para cristiáns (nel Xesús foi bautizado por Xoan Bautista).
A palabra "Xordán" provén da palabra hebrea "Yarden" que significa descendente, o que resulta un nome moi apropiado porque o río transcorre ao longo de 360 Km dende as alturas do Monte Hermón ata o Mar Morto atravesando un amplo e árido val que estivo adicado durante milenios á explotación agrícola.
Ademais, coma otros ríos, o Xordán solía ser un límite político entre Israel e as nacións veciñas, tamén na actualidade. Dende 1948 marca a froteira entre Israel e a veciña Xordania.
Debido á desviación de auga do río por parte de Israel e Xordania diminuíu significativamente o seu fluxo de auga ata o Mar Morto e este é un factor importante na caída no nivel do mar dende a década de 1960.

PARABÉNS AOS ACERTANTES!!!

AROA (1º)
ANTÍA (5º)
RAÚL (4º)
DIEGO (6º)
MARTA (6º)
LUCAS (5º)
NOA (4º)
CELIA (1º)
LORENA (6º)
LUCÍA (5º)
XABI (6º)
PAULA (5º)
Esta semana temos a primeira participande do C.E.I.P. de Teixeiro:

IRENE (1º)

Tedes nos vosos correos un pequeno agasallo imprimible. Espero que vos guste.

ATA A SEMANA QUE VEN CUN NOVO RETO SEMANAL!



No hay comentarios:

Publicar un comentario